| |
|
|
Riscos ambientais
para a saúde. Unha avaliación
Ann
Misch
Colección Cuadernos Worldwatch,
3
Bilbao, Bakeaz, 1994
56 páginas
215 x 140 mm
PVP: 5,41 euros (IVA incluido)
ISBN: 84-88949-02-2
Temas: Sostenibilidad
Referencia: CW03
|
A multiplicación
e a fabricación a gran escala de productos químicos,
a partires da Revolución Industrial, ten ocasionado graves
riscos para a saúde humana. E aínda que moitas substancias
químicas son necesarias e os seus beneficios patentes (antibióticos,
penicilinas, fibras sintéticas, limpeza en seco, praguicidas,
anticonceptivos ou lentes de contacto), outras moitas ocasionan
unha larga lista de problemas derivados, incluídas graves
consecuencias para a saúde. Neste senso, tense mitificado
a producción química como factor clave de progreso,
descuidándose irresponsablemente o estudio das interaccións
das substancias químicas cos seres vivos e o medio ambiente.
Anque é practicamente imposible calibra-la
incidencia das múltiples combinacións químicas
nos alimentos, as augas ou os fogares, si é posible determinar
que a exposición a certas substancias industriais pode provocar
enfermidades graves, en particular o cancro. Incluso estase demostrando
a súa capacidade para mina-lo funcionamento biolóxico
alterando sistemas fisiolóxicos vitais como o sistema nervioso,
o endocrino ou o inmunolóxico. Son danos sutís, case
que imperceptibles, que afectan ó funcionamento da competencia
biolóxica global, e elo en ausencia de signos manifestos
de enfermidade.
Por conseguinte, é absolutamente
necesario regular en profundidade o conxunto da producción
química atendendo ós novos estudios que máis
alá da investigación sobre os efectos patentes na
saúde humana tentan avalia-la súa grave repercusión
na competencia biolóxica global. Deste xeito será
posible optar polos efectos beneficiosos desta producción
e rexeita-los seus enormes riscos.
Índice
Introducción
A carga química
O cancro e o medio ambiente
O sistema nervioso en perigo
Xénero, reproducción e desenvolvemento
O sistema inmunolóxico
As probas e os límites da ciencia
Notas
|