>> Publicaciones >> Colecciones

 

Riscos ambientais para a saúde. Unha avaliación
Ann Misch

Colección Cuadernos Worldwatch, 3
Bilbao, Bakeaz, 1994
56 páginas
215 x 140 mm
PVP: 5,41 euros (IVA incluido)
ISBN: 84-88949-02-2
Temas: Sostenibilidad
Referencia: CW03

A multiplicación e a fabricación a gran escala de productos químicos, a partires da Revolución Industrial, ten ocasionado graves riscos para a saúde humana. E aínda que moitas substancias químicas son necesarias e os seus beneficios patentes (antibióticos, penicilinas, fibras sintéticas, limpeza en seco, praguicidas, anticonceptivos ou lentes de contacto), outras moitas ocasionan unha larga lista de problemas derivados, incluídas graves consecuencias para a saúde. Neste senso, tense mitificado a producción química como factor clave de progreso, descuidándose irresponsablemente o estudio das interaccións das substancias químicas cos seres vivos e o medio ambiente.

Anque é practicamente imposible calibra-la incidencia das múltiples combinacións químicas nos alimentos, as augas ou os fogares, si é posible determinar que a exposición a certas substancias industriais pode provocar enfermidades graves, en particular o cancro. Incluso estase demostrando a súa capacidade para mina-lo funcionamento biolóxico alterando sistemas fisiolóxicos vitais como o sistema nervioso, o endocrino ou o inmunolóxico. Son danos sutís, case que imperceptibles, que afectan ó funcionamento da competencia biolóxica global, e elo en ausencia de signos manifestos de enfermidade.

Por conseguinte, é absolutamente necesario regular en profundidade o conxunto da producción química atendendo ós novos estudios que máis alá da investigación sobre os efectos patentes na saúde humana tentan avalia-la súa grave repercusión na competencia biolóxica global. Deste xeito será posible optar polos efectos beneficiosos desta producción e rexeita-los seus enormes riscos.


Índice

Introducción
A carga química
O cancro e o medio ambiente
O sistema nervioso en perigo
Xénero, reproducción e desenvolvemento
O sistema inmunolóxico
As probas e os límites da ciencia
Notas



 
Bakeaz o Santa María, 1-1º o 48005 Bilbao o Tel.: 94 4790070 o Fax: 94 4790071
Correo electrónico: bakeaz@bakeaz.org o http://www.bakeaz.org
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Colecciones
Temas
Autores
Distribuidores