| |
|
|
Discriminación
de xénero.
Un obstáculo para un desenvolvimento sostíbel
Jodi
L. Jacobson
Colección Cuadernos Worldwatch,
2
Bilbao, Bakeaz, 1994
72 páginas
215 x 140 mm
PVP: 5,41 euros (IVA incluido)
ISBN: 84-88949-01-4
Temas: Cultura de paz; Cooperación; Sostenibilidad
Referencia: CW02
|
A finais do século
XX, uns 3.000 millóns de persoas viven en economias de subsisténcia
no Terceiro Mundo, e ven-se obrigadas a depender do contorno que
os rodea para obter todo o combustíbel, auga e alimentos
posíbeis para satisfacer as suas necesidades básicas.
Nun pasado non tan distante, moitas destas xociedades representaban
modelos de vida ecolóxicamente sostíbeis, conseguindo
un equilíbrio entre habitantes e recursos. Na medida en que
as circunstáncias nas que se atopan se fan cada vez máis
precárias, a presión que exercen sobre o seu contorno
natural é cada vez maior. Nunha época na que o termo
desenvolvimento sostíbel se convertiu nun lema mundial, grande
parte das axéncias internacionais de desenvolvimento e dos
diferentes governos parecen non ser conscientes deste dilema.
A razón é moi simple: en toda
economia de subsisténcia, a muller realiza a parte máis
dura do traballo. Traballa máis horas e aporta máis
ingresos á família que os homes; sen embargo, son
consideradas improdutivas. Asi pois, infravalora-se unha enorme
proporción da produción real mundial e non se recoñece
a enorme aportación da muller en pro do ben-estar familiar
e das diferentes nacións.
A discriminación de xénero
é a principal causa de pobreza, é un enorme obstáculo
no camiño dunha economia sostíbel e é tamén
a principal causa do rápido crecimento demográfico
no Terceiro Mundo. O feito de ignorar este problema non é
só moralmente insostíbel; é, a longo prazo,
autodestrutor. Até que non se faga fronte á discriminación
de xénero non será posíbel lograr un desenvolvimento
sostíbel.
Jodi
L. Jacobson é investigadora titular do Worldwatch
Institute. É ademais autora de vários Worldwatch Papers,
coautora desde 1987 dos informes State of the World e redactora
da revista World Watch. Dentro dos seus intereses no campo da investigación
incluen-se a relación entre demografia e meio ambiente, saúde
reprodutiva e planificación familiar, ávez que entre
muller e desenvolvimento. Jacobson é licenciada en ciéncias
económicas e do meio ambiente pola Universidade de Wisconsin-Madison.
Índice
Introdución
As dimensións da discriminación de xénero
Subsisténcia a partir das terras comunais
Cultivo comercial vs. seguridade alimentária
Quen administra o bosque?
A pobreza da muller e a trampa demográfica
Un novo marco para o desenvolvimento
Notas
|